Pero aquí estou. O ghaiteiro de Lapamán inicia unha longa mudanza cara a Blogger.
Por que?
- Porque canto máis vou sabendo, máis encorsetado e atado me sinto na Blogoteca.
- Porque non permite máis dunha foto, salvo que un se meta en trucos.
- Porque non é nada Google friendly.
- Porque non é compatible con case ningunha das novas ferramentas que van saíndo: Twitter, Facebook, case calquera html que queiras meter a maiores...
- Porque a Blogoteca quedou estancada e en Internet estancarse é morrer.
Que vou facer neste?
- Pois seguirei usando este blog como usaba o da Blogoteca, para asuntos máis persoais (para os profesionais xa abrín outro), as cousas de a cotío, as afeccións, os arrebatos líricos e lingüísticos...
- Se cadra vou mudando aos poucos algúns contidos desde a Blogoteca. Por iso falo de longa mudanza, porque tal e como ando de tempo... hei tardar.
- É posible que poña un apartado sobre a praia de Lapamán. Que demos! Hai moita xente que busca esa información e os pobres chegaban ao meu blog e acabarán chegando aquí. Qué menos ca darlle esa información que, ademais, teño tan de man. A gasolineira rouboume o dominio, a ver se aínda así, logro pasarlle por riba no Google.
- E, polo demais, deixarme levar polo momento, que por algo este é o persoal.
Ah, antes de que empecedes a metervos coa plantilla cutre que escollín, take it easy, penso cambiala. ¡Acéptanse ideas!
1 comentario:
parece que me leeche a mente, vaia plantilla mais cutre, jejejeje. esperaba aljo mais chic!!!
a ver se convencemos a castiñeiras mais a armonia femenina pra que se cambien, e xa seremos unha gran familia blogger. Chauuu!!!
P.D. que plantilla mais cutre, cutre, cutre...
Publicar un comentario