Coma sempre escribo sen tempo. Ás veces non é tanto a vagancia de non escribir como a presión de xuntar todo o que quero dicir nun espazo de tempo tan reducido...
Alá foi o VIII Festival Retrouso. Sen ánimo de soar fachendoso, creo que o mellor de cantos levamos (velaí están os Comentarios, se queredes opinar...). Un festival con arume a maduro, sen malos rollos. Con estrés, por suposto, pero cun equipo de xente estupenda traballando unida e bastante organizada. Fermoso sentir como compañeiros que por unhas cousas ou por outras xa non están integrados no grupo de baile ou de gaita, traballaron arreo coma os que máis. E boa falta que fixeron.
Sempre nestas frases de agradecemento dá algo de arrepío pensar que alguén poida sentirse "deixado atrás". Presentei eu e, sen ir máis lonxe, o apartado de agradecementos quedou esquencido na aboráxine do sorteo da rifa mentres Mari andaba abafada, Debo a tres mil e máis de cincocentas parellas de ollos estaban expectantes sobre a miña bolsa azul e a man inocente que me acompañaba.
O que dicía, eu, coma sempre, andei moito ao meu rollo, cos grupos de aquí para acolá, co técnico de son, coa presentación... Ao fin e ao cabo, é para o que sirvo. No outro síntome bastante inútil e por sorte, Debo e Lore, a pesar de todo o que tiñan enriba, actuaron coma xigantes.
Pero quero dicir que quedei abraiado e moi orgulloso de ver o ben que quedou a comida do sábado ao mediodía, da presteza na limpeza dos locais onde durmiron os grupos, na organización do pincho tras o festival, o coidado do bar, a maqueta a escala da igrexa...
Postos a poñernos un chisco melancólicos, botei en falta a meu avó, quen, asi e todo, pouca importancia lle había dar, aínda que no fondo, moi no fondo, sempre sentise nel un esbozo de orgullo cando me miraba vestido de gaiteiro ou a ensaiar. E quedei inmensamente contento ao ver tan sorrinte coma sempre ao avó de Débora, o que algún día terá que ser socio de honra, polo menos.
A xente de Huesca e Segovia foron estupendos (cafés bombón á parte, jejeje), e cos de Vila Praia de Âncora, de volta, non tiven moita oportunidade de trato. A foliada foi fermosa. Algo estresante no seu sempre titubeante comezo, pero agradabilísima cando empezou a fluír con naturalidade, dulzainas e jotas incluídas.
Hai cousas que mellorar, sempre. Pero moitas gracias a todos os que puxestes aínda que fose un gran de area, aínda que fose un baile na foliada, un sorrido na chegada, neste voso festival.
2 comentarios:
Pois si, a verdade é que todo funcionou moi ben, fora de estreses con mulleres abafadas e rapaces que caen, sobre todo da ghusto ver cantísimo traballan e se implican eses rapaces... e o ben que o pasamos facendo o churrasco co triángulo do Morraso
As miñas enoraboas!!! joe!! cando leo todo o que dis acerca do festival deste ano, como me doe non ter ido este ano, a verdade e que me apetecía un montón, estiven a puntiño dir a ultima hora, pero o final, por motivos un pouco de saude e por falta de tempo non fun, pero como me gustaría ter ido...snif...snif... Pero alegrome moitisimo de que todo saise ben asi que os meus parabens, e tamén a toda a xente que fai posible que ano tras ano se celebre, e que non falte a alegría!!! Veña un bicaso traballador.
Publicar un comentario