Un par de días antes do festival participei con Ana Gil na presentación en sociedade da revista Os Galos, da Asociación de Amigos das Embarcacións Tradicionais de Bueu, na que colaborei cun artigo sobre "as artes" ou máis exactamente "as artes xávegas".
Isto comentou o Faro sobre o tema:
Los autores asistentes ayer a la presentación hablaron de sus relatos. Uno de ellos, Rubén Bastón explicó que el arte Xávega es un arte de pesca con redes que comenzó como algo anecdótico y pasó a ser el modo de introducción a la pesca de los marineros de la zona antes de dar el salto al Gran Sol. Este arte tuvo un final abrupto cuando se tomó la decisión de que no se podía seguir pescando de esa manera.Realmente é unha simplificación bastante extrema do que dixen (xa sabedes que locuacidade non me falta, XDD). Na defensa da xornalista que acudiu á rolda de prensa, confesarei que non puiden quedar ata o final, por temas de Retrouso, e, en consecuencia, non lle dei oportunidade de preguntarme se tiña dúbidas.
En todo caso, a efectos aclaratorios direi que en absoluto dixen que a arte xávega fose algo anecdótico; todo o contrario. O que empezou sendo algo anecdótico foi a miña investigación sobre o tema.
E o final abrupto da arte, que na noticia queda tan enigmático, debeuse a que a Administración estatal decidiu que interesaba máis dedicar os lugares onde se tiraban os aparellos da arte á cría do mexillón. Así que, dun día para outro, prohibiuna e hoxe os bancos están cheos de bateas...
2 comentarios:
q bañador máis chulo levabas! jejeje
Un beso grande Rubén,te mande email (que siga todo bien y a ver cuando te casas !!!ja.ja.ja
Desde Bs As María Isabel Cendón.
Publicar un comentario