domingo, 24 de mayo de 2009

Resumo semanal

Credes que lograrei mantervos ao día do que faga, aínda que sexa moi por enriba?

Esta semana andei por Madrid, xoves e venres.

O sábado fun a bailar a Vilagarcía para botar un cabo ao grupo Ledicias, de Valadares, que participaba no concurso Malveiras. Foi a miña primeira experiencia nun destes concursos. En xeral, interesante. Moito estrés e cansancio posterior. A mágoa foi que a penas puiden ver os outros grupos, por iso de estar entre bambalinas. Gañaron Colexiata de Sar, o grupo de Hospitalet, Ponte Vella e Donaire. A Colexiata, primeiros; Hospitalet, segundos. Iso fixo. Dos outros dous sei que un era premio do público.

E hoxe fun ata sanamedio que se estreaban as miñas alumnas de Beluso como pandeireteiras na súa terra. Un día algo achuviscado, pero todo foi ben.

[Editado 05/06/09: Antes de cantarmos, actuou o marabilloso grupo Lembranzas da Ría, :D, co seu namorador e sempre engaiolador beillador Meche, aissssss... jejeje. Que o fixeron moi ben, ían de a cotío, o cal cadraba moi ben co contorno, e beillaron ben, a pesar do terreo e do tempo.]

Para a semana... Dáme que aínda toca outra viaxe. Desta vez a Barcelona, o martes.

2 comentarios:

Milego dijo...

E nin unha mísera mención ó pedazo grupo que bailou antes das túas pandereteiras en Beluso? Vaia... :( snif.



PD: A Pontevella levou o premio do público :P

castinheiras dijo...

uf uf uf
estres estres! jajaja ;)